Condenado a 9 anos por agredir sexualmente unha menor en Santiago
A rapaza tiña 14 anos no momento dos feitos e tivo que recibir asistencia médica e psicolóxica
O condenado contaxiouna dunha enfermidade de transmisión sexual

A Audiencia Provincial da Coruña condenouno a 9 anos de cadea por un delito de agresión sexual con penetración nun descampado de Santiago en setembro de 2018.
Agresor e vítima coñecíanse por residir no mesmo barrio e foron xuntos adquirir unha botella de alcol tras o que se dirixiron consumila no devandito descampado, segundo relata a sentenza.
Unha vez aló, o condenado insistiulle á rapaza en que bebera e insistiu en bicala. Malia as negativas e intentos de fuxida da nena, o home acabou reténdoa á forza e penetrándoa.
A menor puido escapar nun momento dado e chegar a un bar onde pediu axuda. Tiña hematomas en diversas partes do corpo e ademais o home contaxiouna dunha enfermidade de transmisión sexual. Xunto á atención médica, a nena precisou atención psicolóxica e psiquiátrica.
O agora condenado recoñeceu os feitos e comprometeuse ao pagamento da responsabilidade civil que se fixase. Ademais da condena de prisión, a Audiencia impúxolle dez anos de liberdade vixiada e a prohición de aproximarse e comunicarse coa vítima de 15 anos. Como autor dun delito de lesións terá que pagar 750 euros.