Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenados a 8 meses de cárcere os tres mozos que proferiron insultos racistas a Vinícius 

Condenados a 8 meses de cárcere os tres mozos que proferiron insultos racistas a Vinícius 

Os tres seguidores do Valencia non poderán entrar en estadios de fútbol durante dous anos 

A Fiscalía ve a condena por insultos racistas a Vinícius como "un aviso a navegantes"

G24.gal 10/06/2024 12:26 Última actualización 10/06/2024 13:09

Tres afeccionados do Valencia foron condenados a oito meses de prisión e a dous anos sen entrar a estadios de fútbol por proferir insultos racistas ao xogador do Real Madrid Vinícius Jr en Mestalla. Ademais, os tres foron condenados a asumir o pago das custas.

Todas as partes pecharon un acordo de conformidade ao que se adheriron nunha rápida vista e que contempla a condena dos acusados por un delito contra a integridade moral coa agravante de odio.

A Fiscalía ve esta condena como "un aviso a navegantes"

A fiscala contra os delitos de odio de Valencia, Susana Gisbert, celebrou a sentenza que condenou a oito meses de prisión a tres afeccionados por insultos racistas a Vinícius Jr. en Mestalla porque cre que servirá de advertencia para outros e porque tamén manda unha mensaxe ás vítimas, para que saiban que as protexen.

"Por unha banda, estou segura de que estas persoas non volverán facer feitos desta índole, que reflexionaron sobre a transcendencia dos mesmos, pero, ademais, serve como aviso a navegantes para que uns eventuais autores saiban que non sae gratis e para que unhas eventuais vítimas saiban que están protexidas pola Fiscalía e os xulgados", apuntou Gisbert en declaracións aos medios.

A fiscal dixo estar "segura" de que este é un primeiro paso para que desaparezan os insultos racistas no deporte. "A valoración é moi positiva, é case o primeiro caso dun partido de fútbol no que houbo insultos racistas e temos unha condena por un delito coa agravante de odio e iso é moi importante. Os termos son satisfactorios creo que para todos", sinalou.

Gisbert explicou que se pactou a suspensión da pena de prisión, algo que deberá agora ratificar a xuíza, porque "son delincuentes primarios, porque hai un arrepentimento e unha carta onde piden desculpas". En cambio, subliñou a importancia do período de dous anos no que non poderán acceder aos campos da liga e a Federación.

"Traballamos moito tempo neste acordo e vémolo moi positivo, tanto polo recoñecemento como porque a xente saiba que estes feitos non saen gratis. Que a xente saiba que son actos sancionables como delito de odio porque a condena é por un delito contra a integridade moral coa agravante de odio", lembrou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade