Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenan a oito anos de cárcere un home por agredir sexualmente unha sobriña menor

Condenan a oito anos de cárcere un home por agredir sexualmente unha sobriña menor

O agresor aproveitábase das síncopes que paralizaban o corpo da vítima para sometela a tocamentos

G24.gal 02/10/2024 16:31

A Audiencia Provincial da Coruña impuxo unha pena de oito anos de prisión para un home por agredir sexualmente en dúas ocasións da súa sobriña menor de idade, que sufría síncopes paralizantes das que se aproveitaba o seu agresor para sometela a tocamentos e outro tipo de abusos.

Nunha sentenza facilitada este mércores polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a audiencia coruñesa considera probado que o home cometeu dous delitos de agresión sexual a menor, de 16 anos, polos que, ademais da pena de prisión, condénao a unha orde de afastamento da vítima por un período de cinco anos.

Os feitos tiveron lugar a comezos de 2022, cando a menor se mudou á casa da súa tía, parella do agresor, debido á situación que atravesaba cos seus pais, como recolle o tribunal nun ditame contra o que cabe recurso de apelación.

O condenado aproveitouse da condición da súa sobriña política, que sufría síncopes que a paralizaban de movementos, aínda que podía continuar percibindo o que pasaba ao seu ao redor.

En dúas ocasións, valeuse destes momentos para sometela a tocamentos e outro tipo de actos contra a súa integridade, que a menor relatou á súa nai no mes de marzo, cando se interpuxo a denuncia contra o procesado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade