Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenan a un ano de inhabilitación a conselleira Meritxell Serret polo referendo de Cataluña

Condenan a un ano de inhabilitación a conselleira Meritxell Serret polo referendo de Cataluña

A propia Serret recoñeceu no xuízo que non fixo nada para impedir o referendo polas súas conviccións persoais

G24.gal 26/04/2023 16:36 Última actualización 26/04/2023 17:02

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña condenou a conselleira de Acción Exterior, Meritxell Serret, a un ano de inhabilitación e a unha multa de 12.000 euros por un delito de desobediencia grave, ao facilitar o 1-O cando en 2017 formaba parte do Govern de Carles Puigdemont.

Para a sala, Serret era "perfectamente coñecedora" dos cinco requirimentos do Tribunal Constitucional que impedían seguir adiante co 1-O, dado que lle foron notificadas persoalmente, pero ignorounos de forma "consciente e deliberada", sen levar a cabo ningunha actuación para deter o referendo.

Recoñeceu a desobediencia ante o tribunal

A sentenza lembra que a propia Serret recoñeceu no xuízo que non fixo nada para impedir o referendo polas súas "conviccións persoais do dereito de autodeterminación do pobo catalán".

Segundo o tribunal, a súa propia defensa "foi clara respecto diso cando admitiu que non viña negar as acusacións formuladas contra a acusada e a enmascarar as mesmas" .

A sentenza engade que "a culpabilidade da acusada está fóra de toda dúbida, non só pola aceptación expresa dos feitos imputados senón por desatender de forma clara, reiterativa e flagrante, os requirimentos do Tribunal Constitucional".

Non existe dereito a decidir

Os xuíces insisten en que a "ilicitude de organizar un referendo de autodeterminación de forma unilateral e con carácter vinculante é de coñecemento xeral", sen que caiba a escusa dun "conflito de bens", tendo en conta que "o pretendido dereito a decidir" non existe no ordenamento xurídico.

A conselleira, que estivo tres anos fuxida en Bruxelas tras a DUI, volveu a España en marzo de 2021.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade