Condenan un veciño de Narón a pagar 3.100 euros polo ataque mortal dun can a outro
Condenan un veciño de Narón a pagar 3.100 euros polo ataque mortal dun can a outro
A sentenza cuantifica en máis de 900 euros os gastos do veterinario e suma máis de 2.000 polo valor do can e os danos morais
Os que posúen un animal, calquera que sexa, deben facerse cargo por lei dos danos que poida causar, mesmo se a súa mascota, neste caso un can, foxe ou se extravía.
"En xeral os donos teñen responsabilidade se teñen un can perigoso, asegurarse de que non van atacara ouros cans e seres humanos", di un veciño de Santiago mentres pasea a súa mascota.
E desa obriga vén esta sentenza. Condena un veciño de Narón a pagarlle 3.100 euros á propietaria dunha cadela que morreu dous días despois de ser atacada pola súa mascota. Un can de palleiro que a atrapou entre os dentes logo de sacar a cabeza e parte do corpo fóra do portal e metela na parcela.
A avogada Ana Camiño explica que "aínda que a parcela estea pechada, se realmente ese animal pode acceder dalgún xeito ao exterior, aínda que non sexa co seu corpo enteiro, si pode provocar uns danos. Entón ten que indemnizar os prexuízos económicos que sufriu a dona do can".
A sentenza cuantifica en máis de 900 euros os gastos do veterinario e suma máis de 2.000 polo valor do can e os danos morais.
Propietarios de cans opinan que "non hai cartos que che paguen un can", pero entenden que "o can non llo devolve ninguén, pero cando menos unha mínima reparación".
Aínda pode ser recorrida na Audiencia Provincial. O certo é que casos coma este non soen rematar no xulgado porque o habitual e recomendable é ter un seguro específico ou de fogar que cubra incidentes coma este.