Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condonación de débeda autonómica: un disparate económico, por Maite Cancelo

OPINIÓN

Condonación de débeda autonómica: un disparate económico, por Maite Cancelo

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
MaiteCancelo 26/02/2025 07:59

Para entender o que está a pasar, hai que remontarse á posta en marcha do Fondo de Liquidez Autonómico (FLA), ou liña de crédito creada en plena crise financeira do 2012, pola cal o Estado prestou diñeiro ás comunidades autónomas para que non tivesen que financiar a súa débeda nos mercados. Foi unha estratexia para portar liquidez, de carácter temporal e voluntario, ante os problemas de falta de pagamentos por parte dalgunhas comunidades autónomas (o obxectivo era financiar vencementos de débeda e pago a provedores).

Nese primeiro momento, foron 9 as comunidades autónomas que se acolleron a ese sistema de financiamento, aínda que, logo, fóronse sumando as demais, salvo a Comunidade de Madrid.

Galicia fixo os seus deberes, axustando os seus ingresos a gastos e sumouse a este mecanismo porque era máis vantaxoso que obter financiamento nuns mercados que, naquel momento, aínda dubidaban da solvencia de España (lembremos que estivemos a piques dun rescate, como ocorreu con outros países veciños).

Pero, a partir de 2015, integráronse no novo Fondo de Financiamento a Comunidades Autónomas. O recurso ao FLA foi desigual, de forma que, segundo os datos do Banco de España publicados en setembro de 2024, Cataluña é a que ten unha maior débeda con este mecanismo, 77.053 millóns de euros, polo que co 16,5 % da poboación española supón case o 37 % dos fondos repartidos, mentres que Galicia, que representa o 5,6 % da poboación, só recibiu o 1 % do FLA, segundo datos do Banco de España, 2.089 millóns.

Como resultado do acordo de investidura subscrito entre o PSOE e ERC en novembro de 2023, o Estado acordou condonar o 22 % da débeda de Cataluña (máis de 17.000 millóns de euros (aínda que inicialmente o acordo era do 20 %). Aínda que a comunidade máis beneficiada é Andalucía, cunha quita de preto de 19.000 millóns, precisamente no momento no que a ministra de facenda acaba de facerse coas rendas da secretaria xeral do partido socialista nesa rexión.

As comunidades autónomas gobernadas polo PP xa anunciaron o seu voto en contra no Consello de Política Fiscal e Financeira, xa que o sistema de asignación é inxusto ao ser igualitario e non ter en conta os esforzos que se realizaron no seu momento para axustar ingresos e gastos, como é o caso de Galicia. En calquera caso, o seu voto non terá ningún efecto, xa que ao goberno lle chega co voto dunha soa comunidade autónoma e, iso, polo menos, teno.

E o goberno galego vai máis aló, cuantificando en case 600 millóns de euros de débeda que tería que asumir Galicia por mor desta proposta de condonación. A explicación está en que aínda que a quita reduciría a débeda galega en 1.477 euros por habitante, habería que asumir a estatal, o que incrementaría en 220 euros por cada galego. A quita supón un aforro para as comunidades autónomas, aínda que de forma desigual, pero non para os cidadáns por igual, xa que todos pagaremos estas débedas contraídas, de forma desigual pola diferente xestión da crise e, mesmo, por gastos que, como en Cataluña, estiveron lonxe de ser sociais. É unha quita, de xeito evidente, inxusta, que desincentiva a boa xestión e supón un privilexio económico para esta comunidade por unha cuestión meramente política, o mantemento de Sánchez no goberno.

Ademais, é inconcibible que a ministra de facenda o que premie é o “esforzo fiscal” de buscar ingresos extra, ou sexa, de incrementar os impostos aos cidadáns e aínda que admitiu que non hai compensación pola contención no gasto, mantén a súa proposta que mellora o acordo alcanzado con Esquerra Republicana de Cataluña e do que, ademais, posiblemente, sacará peito nas próximas eleccións catalás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade