Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conducir con 16 anos poderá ser unha realidade a partir do próximo ano

Conducir con 16 anos poderá ser unha realidade a partir do próximo ano

Os menores de idade só poderán levar coches eléctricos lixeiros e coa potencia e a velocidade reducidas

G24.gal 14/02/2023 16:04

Con 16 anos feitos vaise poder conducir un coche a partir do ano que vén. Anunciouno o director xeral de Tráfico, Pere Navarro. Iso si, os menores de idade só poderán levar coches eléctricos lixeiros e coa potencia e a velocidade reducidas. Para iso terán que sacar un carné especial, o B1.

Pere Navarro dixo o B1 chegará a España despois que se aprobe a nova directiva de permisos de conducir en Bruxelas, polo que será xa no 2024. É un permiso para os mozos e mozas de 16 e 17 anos que lles vai permitir conducir vehículos de categoría L7 que son os que teñen un peso máximo de ata 400 kg e non poden superar os 20 cabalos de potencia nin exceder os 90 quilómetros por hora, pero cos que si poden circular en autovías e autoestradas.

Os que apoian esta iniciativa falan de melloras na seguridade viaria, dunha mellor aprendizaxe para a xente nova e dunha maior sostibilidade xa que case todos estes vehículos son eléctricos.

Os detractores, pola contra, consideran que pode ser moi arriscado poñer xente tan nova ao volante. Non obstante, segundo un estudo realizado polo Goberno alemán este permiso axuda a reducir os accidentes e as infraccións viarias. 

Entre as pegas que lle poñen os máis novos é o prezo dos vehículos que van poder conducir, ao ser na súa maioría eléctricos, e que custan arredor dos 15.000 euros

En España calcúlase que hai arredor dun millón de persoas con 16 e 17 anos que poderían optar a este carné, un permiso co que moitos deles soñan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade