Cargando resultados...
Coñecemos as novas tendencias nas redes sociais con Guillle Muñiz
Coñecemos as novas tendencias nas redes sociais con Guillle Muñiz
O creador de contido sobre fútbol pasou pola Radio Galega
G24.gal
01/04/2023 16:47
A vida cambia, e as redes sociais moito máis. O que antes vías en 10 minutos agora telo resumido en menos de 60 segundos. Sexa unha receita ou un vídeo sobre cuestións futbolísticas.
Iso é o que fai Guillermo Muñiz, nado en Ourense e estudante de xornalismo en Zaragoza. Celtista, con moitos dos seus vídeos sobre Aspas e Gabri Veiga.
Con el parolamos destas novas tendencias, de como se estuda isto nas facultades de xornalismo e da propia tempada do Celta e da selección española.