Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coñecemos o Museo dos Devanceiros en Baños de Molgas

Coñecemos o Museo dos Devanceiros en Baños de Molgas

Unha viaxe no tempo para coñecer a etnografía galega

Con 96 anos, o etnógrafo Elixio Rivas lembra cando e como conseguiu cada unha destas pezas

G24.gal 13/01/2022 22:25

Convidámolos agora a facer unha viaxe no tempo para coñecer a etnografía galega cunha visita ao Museo dos Devanceiros dos Milagres, no concello de Baños de Molgas.

Con 96 anos, o etnógrafo Eligio Rivas lembra cando e como conseguiu cada unha destas pezas. Ferramentas de oficios case extinguidos, apeiros de labranza aos que os máis novos xa non saben poñerlles nome e obxectos con máis de douscentos anos é o que podemos atopar neste museo dos Devanceiros. 

Seguimos descubrindo o museo guiados por este relixioso Paúl que fixo desta antiga forxa do Santuario dos Milagres un lugar para as lembranzas dos maiores e para a aprendizaxe dos que xa non vivimos eses tempos. 

Unha máquina de facer cigarros, unha garduñeira, candís con arañeiras de séculos. E todo co seu nome en galego, palabras que este doutor en filoloxía recolleu nos 50 libros que publicou.

Recibiu o Premio Otero Pedrayo e a Medalla Castelao, pero do que máis orgulloso está é de colaborar co seu labor para que o noso pasado non se esqueza.

Devanceiros polos que hoxe somos o que somos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar