Publicador de contidos
Publicador de contidos

As Tanxugueiras emociónanse e din que "é un orgullo representar as linguas cooficiais"

As Tanxugueiras emociónanse e din que "é un orgullo representar as linguas cooficiais"

Celebrouse unha conferencia de prensa en Benidorm

O/a gañador/a representará España no Festival de Eurovisión

G24.gal 28/01/2022 10:08

Os oitos finalistas para acudir ao Festival de Eurovisión 2022, saídos das dúas semifinais do Benidorm Fest celebradas, son os seguintes, por orde da puntuación lograda: Rigoberta Bandini (111), Chanel (110), Tanxugueiras (93), Rayden (90), Xeinn (81), Blanca Paloma (79), Gonzalo Hermida (76) e Varry Brava (74).

Tanxugueiras, as artistas galegas, lograron entrar como finalistas na primeira semifinal grazas ao apoio do público, pero non contaron co apio do xurado profesional. En declaracións aos medios e nas redes sociais, as Tanxugueiras dixeron que elas pensan que a súa actuación do sábado pode que non faga cambiar de idea os cinco expertos. Consideran que "é xente que ten as ideas moi claras".

Con todo, as artistas galegas non deixan de recibir apoios nas redes sociais, e mesmo do propio Salvador Sobral, gañador de Eurovisión de Portugal, que así o expresou o mesmo día da primeira semifinal.

Minuto a minuto

12:00

Comeza a conferencia de prensa presentando os finalistas do Benidorm Fest e informan de que onte se elixiron os clasificados na segunda semifinal.

12:03

A presentadora di os puntos de cada finalista: Tanxugueiras teñen 93 puntos

12:05

Informa tamén dos datos e da cantidade de espectadores que se alcanzaron durante a emisión da semifinal: 14 % de cota de pantalla e 4,6 % das persoas conectáronse na gala que superou a primeira semifinal, así como os datos acumulados en radio e redes sociales como Twitter (varios Trending Topic)

12:07

Informa de que virán tres artistas invitados á final o sábado, que actuarán durante a gala, e outras caras recoñecidas da música, como Blas Cantó, que dará o premio final.

12:08

Pola tarde dirán a orde en que actuarán o sábado os diferentes finalistas

12:09

Varry Brava representa a Rafaela e di que vai con forza  representar España en Eurovisión

12:10

Blanca Paloma di que está contenta, que se está preparando para a final con ilusión e que está nerviosa porque para ela "é unha sorpresa chegar aquí".

12:11

Rayden está listo tamén e di que lle gustou moito o ensaio con público 

12:12

Tanxugueiras están tamén moi contentas e Olaia di que chegou moi tarde, pero que ten ganas de seguir ensaiando, e isto provoca os aplausos do público.

12:13

Channel di que está lista e que "veñen cousiñas", que están traballando moito, pero tamén descansando moito.

12:14

Rigoberta di que non podía durmir polos nervios e a tensión, pero que ten moitas ganas da gala de mañá e de mellorar cousas.

12:15

A presentadora dá as grazas ás persoas que están en Benidorm e ás que están na casa pendentes do que vai sucedendo, así como ao público de onte.

12:16

Rigoberta e Rayden din que o de onte foi unha pasada e que o público se portou ben

12:17

Falan todos os finalistas e din que teñen moitas ganas de mañá, que teñen nervios, que teñen moita ilusión e que queren seguir ensaiando para levar as súas cancións o máis lonxe posible.

12:18

Tanxugueiras están emocionadas e mandan unha mensaxe de agradecemento ás persoas que están aí e que se senten orgullosas e contentas por representar todas as linguas cooficiais.

12:18

Xeinn dá as grazas tamén por todo o apoio 

12:18

Blanca Paloma insiste na importancia da mensaxe que hai detrás de 'Secreto de agua' e o representante de Rafaela di que a súa canción debe ser un himno.

12:19

Chanel agradece a acollida que tivo ela e di que "viva a música" e agradece tamén o seu equipo polo traballo. Rigoberta tamén agradece á xente o seu apoio e séntese contenta pola mensaxe da súa canción.

12:20

Gonzalo Hermida aparece por videoconferencia e di que viu a semifinal nervioso, tamén dá as grazas por todo o apoio e di que está moi contento.

12:24

Despiden a conferencia de prensa todos os finalistas xunto coa presentadora gritando: "Benidorm Fest, o festival que queres".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade