Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta lanza unha nova edición do Bono Turismo

A Xunta lanza unha nova edición do Bono Turismo

Cada bono terá un valor de 150 euros, para cambiar por estancias ou en axencias de viaxes, e cada persoa poderá adquirir dous bonos

G24.gal 27/05/2024 11:58 Última actualización 27/05/2024 14:39

O Consello da Xunta aprobou este luns lanzar unha nova edición do Bono Turismo. Como nas anteriores convocatorias, haberá descontos do 40 % en paquetes de 150 euros tanto de aloxamentos como de axencias de viaxe.

A novidade é que cada persoa poderá pedir dous bonos, que terá que pagar por adiantado.

O prazo para solicitalos abre en xuño, para gozalos a partir de setembro e ata finais de ano. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, lembraba que o obxectivo deste plan é desestacionalizar o turismo.

A campaña terá unha dotación dun millón de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos