Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta cifra en 444 millóns ao ano o que perdería Galicia polo financiamento singular de Cataluña

A Xunta cifra en 444 millóns ao ano o que perdería Galicia polo financiamento singular de Cataluña

Alfonso Rueda asegura que o acordo entre o PSC e ERC para a investidura de Salvador Illa é "un acordo bilateral entre o Goberno central e Cataluña" que supón un prexuízo para as facendas autonómicas"

G24.gal 05/08/2024 11:42 Última actualización 05/08/2024 14:52

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou este luns que Galicia perdería 444 millóns ao ano se se materializa acordo alcanzado entre o PSC e ERC, que contempla un financiamento singular para Cataluña.

Así se desprende dun informe elaborado pola Consellería de Facenda que o Goberno galego analizou na última reunión celebrada antes do descanso vacacional.

Rueda referiuse a este pacto como un "acordo bilateral entre o Goberno central e Cataluña" que supón un prexuízo para as facendas autonómicas.

Así o sinala este informe que, dixo Rueda, "pon negro sobre branco as cifras que Galicia deixaría de percibir" mediante este acordo e que ascende aos 444 millóns de euros ao ano, indicou.

O xefe do Executivo autonómico subliñou que este informe realizouse desde un “punto de vista obxectivo e, por tanto, contrastable”. 

Segundo o presidente da Xunta 444 millóns por ano que Galicia deixaría de percibir serían consecuencia da caída das achegas de Cataluña ao Fondo de Garantías e pola mingua de recursos do Estado.

A Xunta sostén que Se outras comunidades que achegan máis á caixa común decidisen seguir os pasos de Cataluña a caída de ingresos sería moi superior, ata chegar aos 1.012 millóns ao ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade