Publicador de contidos
Publicador de contidos

Confinan os veciños dun edificio do Porriño por un escape de gas

Confinan os veciños dun edificio do Porriño por un escape de gas

O confinamento produciuse tras a rotura da tubaxe na Avenida de Galicia, contra as 10:30 horas

Bombeiros do Porriño. Foto de arquivo Bombeiros do Porriño. Foto de arquivo
G24.gal 23/01/2023 13:54

Os veciños dun edificio da vila pontevedresa do Porriño foron confinados este luns no interior das súas vivendas polos bombeiros por mor da rotura dunha tubaxe de gas.

A rotura produciuse na Avenida de Galicia, segundo informou o 112 Galicia, que tivo constancia da noticia sobre as 10:30 da mañá por medio da Policía Local. Esta solicitaba a intervención dos bombeiros, que detectaron unha nube de gas nas escaleiras, o cal os obrigou a confinar os veciños ata finalizar a intervención.

Desde o 112 informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de maneira preventiva, aos bombeiros e aos membros da Agrupación de Protección Civil do Porriño mais á empresa xestora do gas na zona.

Pouco despois xa se atopaban traballando no edificio os técnicos da devandita empresa, que procederon a cortar a subministración. Non foi ata despois do mediodía cando os veciños puideron saír todos ilesos das súas vivendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade