Levantan o confinamento en tres municipios da illa da Palma pola mala calidade do aire
Levantan o confinamento en tres municipios da illa da Palma pola mala calidade do aire
Rexistráronse valores de 1.522 microgramos por metro cúbico de dióxido de xofre
Aconséllase ás persoas que se confinen nos cuartos máis interiores
O Goberno das Canarias levantou o confinamento dos municipios palmeiros de Los Llanos de Aridane, El Paso e Tazacorte tras a mellora da calidade do aire na zona.
A Dirección Xeral de Seguridade e Emerxencias do Goberno das Canarias declarara este luns o confinamento de tres municipios porque a calidade do aire é extremadamente desfavorable debido á superación do limiar de dióxido de xofre.
Ás 08.00 horas desta mañá superouse o nivel de 750 microgramos de dióxido de xofre por metro cúbico na estación de El Paso, asociada ás emisións derivadas da actividade volcánica, precisa o Goberno canario nun comunicado.
Tras rexistrárense valores de 1.522 microgramos por metro cúbico, a Dirección Xeral de Seguridade e Emerxencias do Goberno de Canarias decidiu declarar a situación de emerxencia nivel 2 semáforo vermello, o cal implica o confinamento da poboación nestes municipios.