Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conflito veciñal en Mondoñedo polo cheiro dunha granxa de porcino

Conflito veciñal en Mondoñedo polo cheiro dunha granxa de porcino

Un residente australiano quéixase do olor da explotación do seu veciño

O gandeiro, que cría porco celta en extensivo, asegura que ten todo en regra

As denuncias do afectado, cun negocio de ecoturismo rural, non tiveron efecto

Félix Aragunde 16/02/2023 14:13 Última actualización 16/02/2023 14:29

Un veciño da parroquia mindoniense da Couboeira, natural de Australia, quéixase do cheiro procedente da explotación de porco celta que ten ao lado da casa.

Hyde Lötter, quéixase do cheiro dunha granxa de porcos: "Non se vive ben. Preciso pechar todas as ventás. Dependendo do tempo e do vento, o cheiro pode ser moi malo. É imposible vivir aquí".

Pola súa banda, o dono da granxa asegura que ten todo en regra, polo que as denuncias do seu veciño caeron en saco roto.

Nando López, criador de porco celta: "Non é nada novo para ningún gandeiro este tipo de denuncias por chíos ou por olores. Tiven unha serie de denuncias, visitoume o Seprona, investigaron e viron que estaba todo correctamente. As denuncias están todas arquivadas". 

O afectado polos olores comprou algunhas propiedades no lugar con vistas a crear un negocio de ecoturismo. Sinala que logo foi montada a explotación de porcino, pero á súa vez o gandeiro asegura que a súa licenza é anterior e ademais a granxa ten case 60 anos.

Hyde Lötter, quéixase do cheiro dunha granxa de porcos: "Ter unha casa de turismo rural aquí é imposible, como tamén é imposible vender o inmoble, porque ninguén con cartos quere vivir preto dunha granxa de porcos. Agora que facemos?".

Nando López, criador de porco celta: "A gandería que se facía na miña casa era de carne e de leite, ata que eu a pasei a porco celta. A explotación xa leva funcionando catro anos e medio, e cando el comprou ese terreo eu xa estaba co papelame para montar o cebadeiro".

Mentres o conflito non se dá resolto, ambos veciños seguen convivindo cos seus respectivos negocios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade