Publicador de contidos
Publicador de contidos

As confrarías do norte de España piden medidas que garantan o futuro do sector

As confrarías do norte de España piden medidas que garantan o futuro do sector

Reclaman cambios no sistema de sancións e medidas para loitar contra a falla de remuda xeracional

G24.gal 12/11/2021 17:06

As confrarías de pescadores de Galicia, Euskadi, Cantabria e Asturias pactaron en Viveiro un documento coas súas demandas, dirixido á administración central e autonómica, para mellorar a situación do sector.

Ademais de cambios no regulamento das organizacións de produtores, o texto consensuado fai fincapé na importancia de fomentar medidas para loitar contra a falla de remuda xeracional na pesca.

Reclaman tamén cambios no sistema de infraccións, cun mecanismo máis proporcional de sancións, e piden que se manteñan as compensacións pola suba do prezo dos combustibles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade