Conta atrás para o acendido de Nadal nas cidades galegas
Conta atrás para o acendido de Nadal nas cidades galegas
Vigo é a que máis gasta e a primeira en acender as luces
As cidades galegas ultiman os preparativos para o acendido das luces do Nadal, en que este ano gastarán 2,4 millóns de euros.
As cidades galegas adiántanse á montaxe da iluminación do Nadal. A Coruña comezaba a colocar os soportes das luminarias en setembro, e Ourense e Vigo arrancaban cos traballos en pleno verán. Esta última anuncia cun marcador a conta atrás, será a primeira cidade galega en iluminarse.
Vigo aumenta o seu investimento este ano ata os 929.000 euros con máis rúas iluminadas, en total 350.
Seguida da cidade olívica, pero con moita diferenza, A Coruña ocupa o segundo posto en gasto con 474.000 euros.
Os custos máis baixos en despregamento lumínico corresponden a Lugo que gasta sete veces menos que Vigo, seguida de Ourense e Ferrol que se sitúan nos últimos postos da lista. Tras o tiro de saída en Vigo, as demais urbes galegas agardan a decembro para iluminar as rúas.