Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conta atrás para a feira de Nadal do Galo de Vila de Cruces

Conta atrás para a feira de Nadal do Galo de Vila de Cruces

Os produtores preparan os animais despois dun ano criándoos ao xeito tradicional

A demanda medra cada ano e cómpre encargalos con tempo

 

G24.gal 20/12/2023 14:16

Ao aire libre, comendo cereais e verduras da casa durante un mínimo de nove meses. Así é como se crían os galos de Vila de Cruces. 

"Non é un capón que castras e cebas nunha xaula para que colla peso e graxa. Este galo non se castra e anda todo o día solto facendo exercicio", explica a criadora Manuela Alonso.

Nestes días culmina ese traballo artesanal, e criadores como Manuela preparan os animais para as encargas do Nadal e a tradicional feira deste venres.

"Toca matalos, desplumalos e limpalos moi ben, coa cabeza moi limpa, todo ben presentado para que entre polos ollos", di Manuela.

Nos últimos anos os criadores asociáronse para ir facendo máis profesional a crianza e a venda do galo, que moitos reservan para non quedar sen el.

"Este ano os que criei non chegaron a nada, tiven reservas que me fixeron xa no mes de agosto. Non adoitas criar se non sabes que cho van comprar seguro", engade Manuela.

Ao ser un animal enteiro, sen castrar, ten a carne máis escura e recia, e hai que cociñalo durante unhas tres horas. O sabor, din aquí, paga a pena a paciencia. E o que proba, repite, porque cada ano lles piden máis.

Na feira terán ocasión de probalo xa cociñado polos restaurantes da zona ou de mercalo enteiro, a uns 60 euros por ave de cinco quilos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar