Conta atrás para o San Froilán en Lugo co inicio da montaxe das casetas do polbo
Conta atrás para o San Froilán en Lugo co inicio da montaxe das casetas do polbo
As casetas son as grandes protagonistas dunhas festas que este ano contarán con preto de 200 actividades
Traballan contra o reloxo para ter todo listo a fin de mes. En Lugo respírase xa aire de festa e as casetas do polbo do San Froilán van collendo forma. Na rúa a xente non perde detalle e di ter ganas xa de que chegue o momento de inaugurar as casetas.
Os hostaleiros confirman que hai boas expectativas e que son xa moitos os que reservaron data para cumprir coa tradición. O polbo é, sen dúbida, o gran protagonista dunhas festas que este ano van contar con preto de 200 actividades.
Entre elas, 48 concertos. Elíades Ochoa, Rayden, Lamode ou os galegos Luar na Lubre e Baiuca son só algunhas das propostas para esta Festa de Interese Turístico Nacional que terá lugar entre o 4 e o 12 de outubro.