Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conta atrás para recibir os Reis Magos que veñen de Oriente

Conta atrás para recibir os Reis Magos que veñen de Oriente

A Xunta recomenda que as cabalgatas sexan estáticas

A pandemia non vai poder coa ilusión dos máis pequenos

Cabalgata de Reis 2021 en Pontevedra
G24.gal 04/01/2022 14:38

En Vigo será na avenida de Castelao a recepción oficial cos Reis Magos. Habilitarán tres carrís, o máis afastado será de acceso libre e para os outros dous hai dispoñibles 20.000 entradas previa inscrición na web do concello. Para os cativos confinados habilitarán liñas directas coas súas maxestades a través de videochamada, sempre que a soliciten.

Na cidade do Lérez, os Reis recibirán os pequenos na praza da España, en Lugo na explanada do auditorio e en Santiago, con cita previa, no parque de Bonaval. En todas elas haberá horarios de mañá e tarde. A idea das cabalgatas estáticas non gusta por igual.

 "Penso que había outras opcións vendo como está todo e polo ben dos nenos de facelo, pero ben se deciden así, pois así ten que ser", opina unha moza en Santiago.

A Ourense as súas maxestades chegarán en AVE. Haberá desfile pero con cambios no itinerario para que a cabalgata discorra por rúas máis anchas e evitar aglomeracións. En Ferrol a comitiva real sairá ás cinco da tarde de Caranza e rematará no teatro Jofre. A Coruña tamén aposta por un desfile pero máis curto que outros anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade