Publicador de contidos

Publicador de contidos

Contacontos na escola para falar de igualdade cos máis cativos

Contacontos na escola para falar de igualdade cos máis cativos

Violencia de xénero, igualdade ou mulleres relevantes na historia chegan á escola nunha lección diferente

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
G24.gal 08/03/2023 14:20

Contos, historias curtas adaptadas para os cativos, nas que a través do humor e a música se fala da violencia de xénero, de igualdade ou de mulleres relevantes na historia. Unha actividade enmarcada dentro dos actos do 8M que mira desta vez cara aos máis cativos. 

A primeira lección xa a teñen aprendida dende ben cedo. Non hai dúbidas sobre o día que é hoxe.

E por iso a primeira clase do día desta vez toca sobre o escenario. Así que hoxe fálase sobre feminismo, sobre violencia de xénero, sobre diversidade, sobre mulleres que destacaron ao longo da historia. 

"Nestas datas é a escusa para falar especificamente ou para abordar máis en profundidade o tema. Eu espero que xa que imos por escolas, os profesores o traballen cos rapaces na aula, que lle sirva como punto de partida ou de axuda para traballalo", explica Tegra Vázquez, de Trécola Teatro.

E axudar parece que axuda porque os conceptos van quedando. 

Os contos de hoxe rematan con música e baile. E cunha lección aprendida, a importancia da igualdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade