Publicador de contidos

Publicador de contidos

Festival Intercentros: talento infantil e solidariedade na Coruña

Festival Intercentros: talento infantil e solidariedade na Coruña

A partir das cinco da tarde, máis dun milleiro de alumnos de 23 colexios diferentes subirán ao escenario

Todo por unha boa causa: recadar cartos para tres ONG

G24.gal 04/04/2025 13:35

O festival solidario Intercentros da Coruña chega hoxe á súa edición número 23. Desde a súa creación, no ano 2002, este evento benéfico non deixou de medrar, e de feito o seu escenario pasou a ser o Coliseo pola expectación que xera na cidade.

A partir das cinco da tarde, máis dun milleiro de alumnos de 23 colexios diferentes subirán ao escenario por unha boa causa: recadar cartos para tres ONG: Abac, Selvas Amazónicas e o Banco de Alimentos Rías Altas, que tamén recollerá alimentos ao longo da xornada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade