Cargando resultados...
Segue activo o plan Inungal por risco de inundacións tras a choiva destes días
Segue activo o plan Inungal por risco de inundacións tras a choiva destes días
Os encoros galegos están case ao 84 % da súa capacidade
Hai unha ducia de ríos e sete rías en seguimento
G24.gal
03/03/2024 11:45
Última actualización 03/03/2024 14:14
Co que leva chovido e co que continúa caendo, os encoros galegos están no seu conxunto a case un 84 % da súa capacidade, arredor dun 4 % máis ca o ano pasado polas mesmas datas.
Ante o risco de inundacións, a Xunta mantén activado desde hai unha semana o plan Inungal. Arestora, están a facer seguimento da evolución dunha ducia de ríos e de sete rías, a maioría nas provincias de Lugo e da Coruña.
A Axencia Galega de Emerxencias recomenda evitar calquera actividade nos cursos fluviais, retirar os vehículos nas marxes dos ríos, evitar atravesar pontes e, no caso de asolagamento dunha vivenda, acceder á parte máis alta para protexerse.