Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa a polémica na operación urbanística nos antigos terreos do colexio Peleteiro de Santiago

Continúa a polémica na operación urbanística nos antigos terreos do colexio Peleteiro de Santiago

O próximo 19 de abril os colectivos afectados e os grupos municipais reuniranse coa empresa promotora

G24.gal 09/04/2022 13:44

O debate de fondo, tanto entre os grupos municipais coma entre a veciñanza e os comerciantes afectados, é se a praza pública debe abrirse cara á rúa San Pedro de Mezonzo, onde está a antiga entrada do colexio, ou cara á República Arxentina, onde se abre o patio do antigo centro educativo.

"Hai dúas opcions: unha é a numero 4, a que defende o alcalde, que dalgunha maneira entendemos que é a postura da empresa promotora, e outra alternativa é a número 5, que é a que mantén a conformación tal cal está, e entendemos que é a que menos prexudica a maioría dos veciños", asegura Xosé Manuel Durán, portavoz da plataforma de afectados.

A plataforma de afectados, que representa quince comunidades de propietarios da rúa República Arxentina e outras vías veciñas, defende que se abra a praza por aquí. Din que a opción contraria implicará que os bloques de 150 vivendas previstos no proxecto deixarán sen luz os seus pisos.

"Evidentemente hai veciños que levan máis de 50 anos vivindo aquí e iso vai implicar falta de luz e coma no resto do ensanche espazos pechados, sen luz," asegura Carmen Sieira, unha veciña da rúa República Arxentina.

Dalgunha maneira estamos defendendo que a construción sexa o mais racional posible e que sexa o menos invasiva para todos, di Pedro García, propietario dun piso na República Arxentina.

O Goberno municipal aposta por abrir a praza cara á rúa San Pedro Mezonzo. Di que con esta orientación a praza tería máis horas de sol e que ofrece máis posibilidades de aparcamento.

"Penso que si, que vai estar moito mellor, porque de feito hai moita máis luz, se se abre cara San Pedro de Mezonzo hai moita máis luz", opina Rocío Framil, comerciante de San Pedro de Mezonzo.

Sen dúbida ningunha, eu xa sei que aquela rúa quedará moito máis pechada, pero tamén a miña o está, porque me edificaron  en fronte, pero ao vivir no centro pasan esas cousas, asegura Flora de la Torre, veciña de San Pedro de Mezonzo

Despois, coa estación intermodal aí quedaría unha zona comercial boa, porque está morrendo o comercio de San Pedro de Mezonzo, di Rosa Guillán, unha comerciante da rúa.

A rúa está moi morta, solución xa, reclama María Xesús Cameán, dona dun bar.

O Goberno municipal necesita a maioría absoluta do pleno para sacar adiante o proxecto. A falta de apoios xa botara abaixo a operación na lexislatura anterior, xa que o PSOE e o PP se abstiveran por discrepancias co proxecto arquitectónico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade