Continúa a vacinación coa terceira dose a sanitarios e persoal esencial
Continúa a vacinación coa terceira dose a sanitarios e persoal esencial
Estáselles a administrar tamén a dose de reforzo aos maiores de 60 anos
A partir do día 19 de decembro poderíase comezar con outros grupos de idade
Están citadas este sábado no Gaiás, en Compostela, unhas 5.500 persoas que reciben as terceiras doses de reforzo. Son os maiores de 60 anos. Tamén o persoal de traballos esenciais e os sanitarios.
Todos eles están a ser citados, pero á Cidade da Cultura, como centro de vacinación libre, poden acudir sen citación as persoas que non recibiran ningunha dose ou que aínda non completaran a pauta coa segunda.
Teñen que pasar antes polo punto de información. Alí xéraselles un código QR e xa poden pasar a recibir a vacina.
Coa dose de reforzo dos sanitarios esperan rematar o día 12 deste mes. Despois habilitarase un período de repesca e a partir do día 19 podería comezarse cos menores de 60 anos.