Continúa o tempo treboento durante a fin de semana en case toda Galicia
Continúa o tempo treboento durante a fin de semana en case toda Galicia
As previsión indican este sábado ceos parcialmente nubrados e chuvascadas no interior de Galicia
Galicia vivirá este sábado unha nova xornada de inestabilidade atmosférica baixo a influencia das altas presións, polo que se esperan ceos parcialmente nubrados e chuvascos de tipo tormentoso no interior, pola tarde.
Ademais, daranse brisas costeiras durante todo o día. As temperaturas non cambiarán significativamente; mentres que os ventos soprarán débiles, de compoñente nordés en xeral, con intervalos moderados na costa noroeste.
Levamos xa máis dunha semana con avisos activados por chuvias e treboadas sobre todo no interior de Galicia e a situación non muda na fin de semana.
Hai aviso amarelo por treboadas practicamente en toda Galicia, a excepción só da liña costeira, e o domingo será exactamente igual. Repetirase o esquema dos últimos días: nubes e claros pola mañá, e a partir do mediodía treboadas con chuvascos que poden ser fortes de forma puntual.
Iso si, as temperaturas seguen sendo agradables, mesmo elevadas en Ourense, onde poden superar os 30 graos de máxima.