Continúan activos preto dun cento de incendios forestais en Asturias
Continúan activos preto dun cento de incendios forestais en Asturias
O presidente do Principado anunciou que vai solicitar a declaración da comunidade como zona catastrófica
Asturias segue ardendo. E aínda que a situación mellorou nas últimas horas permanecen activos preto dun cento de incendios. O máis grave está na zona occidental pero tamén arde o monte Naranco, en Oviedo.
Hai varias estradas cortadas e máis de 300 persoas desaloxadas. O presidente do Principado atribúe a vaga de incendios á actividade criminal organizada. Adrián Barbón anunciou este venres que vai solicitar a declaración da comunidade como zona catastrófica.
A vaga de incendios tamén afecta ás comunicacións con Galicia. As lapas obrigaron a cortar o tráfico na A-8 durante horas. Arestora, xa está restablecida a circulación. Porén, continúan pechadas a AS-351 Almuñas-Merás; a AS-366 Brieves-Merás e a CO-4 Covadonga-Os Lagos.