Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúan as restricións de auga en Betanzos porque as analíticas seguen dando positivo en noravirus

Continúan as restricións de auga en Betanzos porque as analíticas seguen dando positivo en noravirus

O que máis incomoda os veciños é descoñecer o porqué da presenza do virus na auga 

O Concello e Viaqua dispoñen tres cisternas para que os veciños se abastezan a diario
G24.gal 13/06/2023 13:41

Seguen as restricións no uso da auga en Betanzos polo menos dúas semanas máis. As analíticas seguen dando positivo en presenza de norovirus, o responsable do gromo de gastroenterite que afectou máis de 400 persoas.

O Concello e Viaqua seguirán dispensando auga á poboación en cisternas, mentres continúan realizando labores de desinfección e buscando a orixe do vertido que provocou o gromo.

Para os veciños de Betanzos ir por auga ás cisternas que dispuxeron o concello e Viaqua xa se converteu nun habito diario. Levan desde o 28 de maio sen poder consumir a auga da traída, desde que se detectara a presenza de noravirus que provocou un gromo de gastroenterite.

As restricións prolónganse dúas semanas máis porque as analíticas seguen dando positivo. Unha nova que os betanceiros recibiron con resignación, a pesar dos inconvenientes que supón.

Pero a situación afecta sobre todo ao sector da hostalería. Para recuperar a confianza dos clientes, os hostaleiros envíanlles unha mensaxe de tranquilidade.

Ata agora leváronse a cabo labores de desinfección e hipercloración da auga. Á vista dos resultados das analíticas, as autoridades acordaron novas medidas á vez que se segue investigando a orixe da vertedura como relata a alcaldesa en funcións, María Barral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade