Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continuos estragos dos xabaríns nun parque do concello de Sada

Continuos estragos dos xabaríns nun parque do concello de Sada

Os veciños piden medidas para evitar as desfeitas do xabaril nos parques urbanos

Moitos din ter sensación de inseguridade e mesmo medo de pasear pola noite

G24.gal 24/10/2022 20:51 Última actualización 24/10/2022 21:02

Din os veciños de Sada que a poboacion de xabarís está descontrolada, que campan ás súas anchas pola cidade e que causan estragos nas áreas verdes.

Este parque xa vai pola terceira incursión dende agosto, as dúas últimas neste mes de outubro. A zona limita cun espazo natural protexido e con parcelas agrícolas, e pensan que a falta de alimento está mudando os hábitos dos animais.

Os veciños tamén están preocupados pola sensación de inseguridade que causan, e moitos din ter medo de pasear pola noite. Dende a asociación veciñal entenden que a solución non é doada, pero reclaman medidas de prevención e vixilancia policial para espantalos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade