Publicador de contidos

Publicador de contidos

Correos galardoa co Premio á Excelencia o seu centro loxístico de Santiago

Correos galardoa co Premio á Excelencia o seu centro loxístico de Santiago

Foi elixido entre os 18 que ten a compañía en España

G24.gal 06/05/2022 21:01

Mover un envío postal desde un punto de Galicia a outro, desde a comunidade a calquera outro lugar de España ou incluso o estranxeiro pasa necesariamente polo Centro de Tratamento Automatizado da Lavacolla.

E os seus 150 traballadores deben facelo ben porque a compañía acaba de elixilo  como o mellor dos seus 18 centros loxísticos outorgándolle o Premio a Excelencia.

"Hai que cumprir unha serie de obxectivos de calidade e segundo imos cumprindo eses obxectivos vannos dando unha puntuación mensualmente. O que remate o ano na primeira posición leva o premio", explica Gabriel Moscoso, responsable da quenda de tarde do centro.

Conta o factor humano pero nos tempos que corren é fundamental contar tamén coa maquinaria necesaria para catalogar con rapidez os envíos.

"Temos unha maquina de clasificación de paquetería que pode clasificar 2.500 paquetes por  hora. Serve para axilizar os procesos de traballo e garantir que o noso traballo se fai o mellor posible día a día", explica Moscoso.

 A pandemia fixo caer o envío de cartas e disparou o de paquetería. Tras este premio Correos investirá case dous millóns de euros no seu centro loxístico de Santiago para seguir adaptando e consolidando as instalacións da Lavacolla ao volume de compras a través da Rede.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade