Cargando resultados...
Correos traslada máis de 250.000 mochilas no Camiño
O Paq Mochila de Correos pode contratarse polo menos un día antes de comezar o Camiño
As mochilas e maletas traladadas non poden pesar máis de 15 quilos
G24.gal
26/08/2022 14:12
O Camiño de Santiago segue con cifras récord. Tamén en Correos. Porque o seu servizo de traslado de mochilas leva contabilizadas nada menos que 250.000 equipaxes no que vai de ano. Con este servizo, o peregrino pode ir máis lixeiro e máis tranquilo porque Correos asegura que nunca perdeu unha mochila.