Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cortan a estrada que atravesa Suevos, en Arteixo, para denunciar a falta de seguridade viaria

Cortan a estrada que atravesa Suevos, en Arteixo, para denunciar a falta de seguridade viaria

A veciñanza di que os condutores non respectan os límites de velocidade

G24.gal 16/02/2024 21:48 Última actualización 16/02/2024 21:58

Os veciños cortan o tráfico para denunciar o risco que supón para eles saíren das súas casas. A estrada que atravesa a parroquia de Suevos, en Arteixo, soporta a diario o tránsito de boa parte dos camións que antes circulaban por outra vía que leva meses en obras. Unha situación que se ve agravada pola falta de beirarrúas.

A veciñanza di que os condutores non respectan a velocidade, limitada a 40 km/h, e critica por insuficientes as bandas redutoras instaladas este venres pola Deputación, administración responsable da vía.

Reclaman medidas de mellora para garantir a seguridade viaria.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade