Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cospedal acóllese ao seu dereito a non declarar no Congreso sobre a Kitchen

Cospedal acóllese ao seu dereito a non declarar no Congreso sobre a Kitchen

Alegou que o asunto é obxecto de investigación na Audiencia Nacional

G24.gal 09/12/2021 12:30

A exsecretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, anunciou este xoves, antes de ser interrogada polos membros da comisón do Congreso que investiga a operación Kitchen, a súa intención de acollerse ao seu "dereito a non declarar" e de non responder as preguntas que lle poidan formular os deputados alegando que o tema é obxecto de investigación na Audiencia Nacional.

Na declaración que realizou ante a comisión, a tamén exministra de Defensa mostrou o seu respecto a este órgano e ao Congreso, pero subliñou que ía gardar silencio por "respecto ao principio de división de poderes, á xustiza" e tamén para preservar o seu "dereito á defensa".

"Teño a intención de non emitir contestación ás súas preguntas e acóllome ao meu dereito constitucional a non declarar", sinalou ante os comisionados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos