Costa deixa en mans do presidente de Portugal a saída da crise
Costa deixa en mans do presidente de Portugal a saída da crise
O primeiro ministro portugués descarta dimitir tras non seren aprobados os orzamentos
António Costa di que non abandonará Portugal nesta etapa poscovid e ademais non considera que o rexeitamento dos seus presupostos sexa motivo para deixar o cargo, malia que é a primeira vez que isto acontece na última etapa democrática.
Costa non pode facer agora moito máis que agardar á decisión de Rebelo de Sousa, o presidente e xefe de Estado, que é quen ten o poder en Portugal para disolver as Cortes e veremos se cumpre ou non co anunciado e comunica as eleccións anticipadas.
Uns comicios que en principio non acabarían cun resultado moi diferente ás últimas. As enquisas falan dunha pequena suba da ultradereita e dos socialistas e un descenso de apoios para o Bloco de Esquerda.