Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coudet: "Búscanse titulares dende a problemática"

Coudet: "Búscanse titulares dende a problemática"

O adestrador do Celta expresou o seu malestar coa contorna do club despois das últimas polémicas abertas no celtismo

Recoñeceu que trocou a súa actitude ante os medios para non xerar problemáticas

Os vigueses non pasaron do empate ante o Levante e ven como se complican as súas aspiracións europeas

G24.gal 22/02/2022 00:01

O adestrador do Celta Chacho Coudet compareceu ante os medios de comunicación tras o empate dos vigueses ante o Levante e expresou o seu malestar polas últimas polémicas xurdidas dende a contorna do club vigués:

"Teño a sensación que sempre estamos buscando unha problemática. Que si os xuvenís... Creo que estamos facendo as cousas ben. Non necesito interlocutores co presidente. Aínda temos que salvar a categoría. Xa nos prepararemos para outras cousas. Séguense buscando titulares e sempre dende a problemática. Nun club onde nos levamos moi ben. Non entendo que se busquen problemáticas. Semella que sempre hai mensaxe negativa. Estou ben co club, coa directiva, cos xogadores ... Sempre parecía que sobre as miñas palabras había un problema. Deixei de falar e hoxe volvo facelo. Hai que resaltar o que se ve no campo. Na conferencia de prensa antes do partido do que menos falamos é de fútbol. Non hai ningún problema, rapaces".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar