Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coudet: "Estamos necesitados nun par de posicións, pero non está ao noso alcance reforzarnos"

Coudet: "Estamos necesitados nun par de posicións, pero non está ao noso alcance reforzarnos"

O técnico valorou moi positivamente a xestión do club coa fichaxe de Pineda

G24.gal 07/01/2022 17:03

Orbelín Pineda xa está en Vigo, xa é xogador do Celta. Pero Coudet apenas tivo tempo para presentarse. Despois, adestramento e comparecencia ante os medios de comunicación. 

Para ver ao internacional mexicano competir coa celeste, haberá que agardar. O técnico arxentino fala de que vai necesitar unha pretempada para coller o ritmo dos seus compañeiros.

Aínda así, valora positivamente a fichaxe: "Paréceme unha gran xestión por parte do Celta, contratan a un xogador internacional coa ficha libre".

Cambiou en algo o obxectivo do conxunto vigués agora que está eliminado da Copa e se centra totalmente en Liga? Apostar máis que nunca polos postos europeos?

Ben, Coudet é cauto, parafrasea ao presidente respecto o obxectivo do Celta: "O obxectivo é manter a categoría sen sufrir e quedar o máis arriba posible".

Ao técnico arxentino, o partido de mañá coa Real Sociedade non lle parece trascendente para o resultado final da temporada, "as contas farémolas o final", comenta.

E reiterou o do calendario, que lles fai xogar tres partidos fóra da casa en menos do 6 días. Algo que obrigou a Coudet a dosificar esforzos e, quizáis, centrarse menos na Copa.

Porque a resaca da eliminación copeira volveu ser protagonista na comparecencia. 

O Chacho non considera que haxa algunha similitude entre a eliminación deste ano e a do anterior: "O do ano pasado foi moi distinto, este ano non xogamos ben pero chegaron 2 veces e marcaron 2 goles. Non xustifico, pero teño que ser coherente co que nos pasou".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar