Coudet: "Este ano era economía de guerra, o vindeiro agardamos dar un salto"
Coudet: "Este ano era economía de guerra, o vindeiro agardamos dar un salto"
Mañá o Celta recibe o Betis en Balaídos; Coudet non pensa máis aló de gañar e que os 10 partidos que quedan marquen unha "liña ascendente" de cara o futuro do club"
Dous meses e medio despois, o Celta mailo Betis volven enfrentarse coa lembranza presente da vitoria viguesa en Sevilla. Os celestes impuxéranse no Benito Villamarín por 2-0 cunha gran actuación de Iago Aspas, autor dos dous goles galegos.
O deste domingo, preséntase como un encontro decisivo para manter as aspiracións europeas dos céticos, xa que unha derrota os deixaría prácticamente fóra da loita por unha praza continental, aínda que o técnico prefire non marcarse obxectivos. Na convocatoria non figuran Franco Cervi, nin Galán, sancionados.
Coudet confirmou que Fontán será titular no lateral esquerdo. Tivo palabras de cariño para Pellegrini e mesmo tratou o tema da non convocatoria de Aspas e Brais coa selección. Coudet, entende a Luis Enrique: