O Celta busca sorprender ao Barcelona en Balaídos
O Celta busca sorprender ao Barcelona en Balaídos
Santi Mina entrou na convocatoria
Coudet pediu ovacionar a Aspas no minuto 10
Con dous puntos por riba do descenso, con 5 derrotas en 6 partidos na casa, Coudet ten un plan. É un plan que fala de cariño, que conta coa afección e que busca reactivar a arma máis poderosa do Celta, o príncipe das Bateas, Iago Aspas.
Porque Coudet sabe que hai un problema co gol e que Aspas é o factor diferencial.
𝗖𝗛𝗔𝗠𝗔𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 do noso adestrador:
— RC Celta (@RCCelta) November 5, 2021
👏🏻 No minuto 10 ovación ao noso 🔟
Todo #AbancaBalaídos aplaudindo a @aspas10 no #CeltaBarça
🔁 RT para que tódolos celtistas o saiban! pic.twitter.com/JbJRRyGyMC
Máis cando Mina arrastra molestias e cando visita Vigo o Barcelona. O Barça que anda a voltas coa chegada de Xavi Hernández. Na película dos feitos, Xavi despediuse onte do Al-Asad e á noite era Laporta o que visitaba a peña barcelonista de Marín. Alí esquivaba preguntas pero lle deixaba á alcaldesa esa perla de "igual tiña que estar en Qatar".
𝗖𝗢𝗡𝗩𝗢𝗖𝗔𝗧𝗢𝗥𝗜𝗔 📋 22 celestes en la lista para recibir al @FCBarcelona... ¡incluido Santi Mina!#CeltaBarça #RCCelta
— RC Celta (@RCCelta) November 5, 2021
Porque en Qatar estaban nese momento a pechar a fichaxe. Uns minutos antes das dúas da madrugada era oficial. Xavi non estará no banco de Balaídos. Morbo engadido pra unha tarde que servirá amais de homenaxe a un rapaz que aló polo 2005, con 18 aniños, asomou a cabeza nunha pretemporada co primeiro equipo do Celta e que 16 anos despos se retirou como un emblema e o exemplo, Sergio Álvarez.