Segue crecendo o número de peregrinos que elixen o Camiño Portugués da Costa
Segue crecendo o número de peregrinos que elixen o Camiño Portugués da Costa
Este traxecto da Ruta Xacobea está a piques de superar as cifras de afluencia de todo ano 2023, o que xa supón un record histórico para este camiño que segue gañando adeptos
O Camiño Portugués pola costa avanza imparable ano tras ano. Este ano uns 46.690 peregrinos apostaron por esta ruta xacobea.
Isto supón un 46 % máis de xente respecto o pasado ano. E dentro destas cifras, a maioría son estranxeiros. Bogaam chega de Romanía. Tras facer o camiño francés este ano apostou pola costa. Encántalle todo o relacionado co mar.
Os que apostan por esta ruta, xa coñecen a experiencia de facer unha ruta xacobea. Xa que para moitos non é a súa primeira vez.
Todo fai indicar que a finais deste 2024, este camiño da costa, que moitos inician no Porto, podería duplicar as cifras de hai un ano.