Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan as consultas sobre seguridade nas administradoras de inmobles por mor do incendio de Valencia

Aumentan as consultas sobre seguridade nas administradoras de inmobles por mor do incendio de Valencia

Case todas son consultas de comunidades que están en reformas ou que as acometeron recentemente preocupadas polos materiais empregados

Moitas administradoras organizan reunións informativas para resolver as inquedanzas dos veciños

G24.gal 29/02/2024 14:13

O incendio de Valencia fixo que gran parte das chamadas que reciben os administradores de inmobles estes días teñan que ver coa seguridade dos edificios en caso de incendio. Segundo explica Brais Ocampo, xerente de Monere, é lóxico que cando ocorre un suceso como o de Valencia a xente teña medo e se preocupe máis pola seguridade nos seus inmobles e se pregunte se podería pasar algo similar ao de Valencia.

Case todas son consultas de comunidades que están en reformas ou que as acometeron recentemente preocupadas polos materiais empregados. Así o explica Mari Carmen Alonso, xerente da administradora Val do Fragoso. Asegura que esa inquedanza existe nos inmobles nos que apostaron por sistemas de illamento térmico similares aos de Valencia pero tamén nos que teñen proxectadas reformas. Brais Ocampo di que existen moitas achegas para este tipo de fachadas e por iso moitas comunidades están interesadas en ter máis información.

Para facer fronte ás preocupacións moitas administradoras organizan reunións veciñais onde os técnicos explican o tipo de materias e a seguridade que ofrecen.  Son reunións informativas para resolver as inquedanzas que deixou o tráxico incendio de Valencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar