Publicador de contidos
Publicador de contidos

Crespo renova por maioría absoluta a súa alcaldía en Lalín

Crespo renova por maioría absoluta a súa alcaldía en Lalín

O Partido Popular conseguiu doce das vinte e unha actas da corporación municipal

G24.gal 17/06/2023 14:47 Última actualización 17/06/2023 15:07

Continuidade en Lalín, onde José Crespo foi referendado como alcalde, despois de que o Partido Popular renovara a maioría absoluta e sumara un concelleiro máis, co que acada así os doce edís.

Na oposición quedan Compromiso por Lalín e o Partido Socialista, que perden senllos concelleiros e quedan con catro e tres respectivamente, e o BNG, que obtivo desta vez unha acta máis, a sumar á que xa tiña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade