Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristóbal quere que o Rácing remate a Liga con vitoria

Cristóbal quere que o Rácing remate a Liga con vitoria

O Rácing despide mañá en Andorra unha temporada histórica

G24.gal 01/06/2024 16:28

O final da temporada do Rácing será mañá, tras o partido das catro e cuarto en Andorra, onde os departamentais xa non se xogan nada. Os catro xogadores que estiveron coa selección galega, Iker Losada, Álex López, Héber Pena e Manu Justo adestráronse á marxe, pero estarán co equipo mañá. Tamén viaxan os xogadores mancados: Nico Serrano, Chuca e David Castro, para este partido que lle bota o pano a unha temporada histórica.

Cristóbal non quere que os seus deixen de competir: "É un partido oficial, e a min non me da igual. Quero que rematemos o máis arriba posible", dixo o técnico.

Sobre o balance da campaña, o técnico tamén foi claro: "Foi unha temporada moi boa, pero puido ser moito mellor". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos