CSIF e CC.OO convocan mobilizacións na Seguridade Social
CSIF e CC.OO convocan mobilizacións na Seguridade Social
Convocan paros parciais para todos os venres dende o 26 de maio e unha folga para o 7 de setembro
Protestan pola falta de efectivos e pola falta de compromiso do ministro Escrivá para solucionalo
Os traballadores da Seguridade Social convocan paros parciais para todos os venres dende o 26 deste mes e unha folga para o 7 de setembro. Fano ante a situación límite que están a pasar pola falta de efectivos e pola que din falta de compromiso do ministro Escrivá para solucionar unha situación que definen como caótica.
Denuncian que cada día teñen novas normas e novas instrucións que lles impide atender como desexarian aos cidadás. Hai, din, un cadro de persoal envellecido e sobrecargado de traballo. Aseguran que é imprescindible unha oferta pública de emprego extraordinaria. Coas negociacións abertas co ministerio, o ministro Escrivá espera reconducir a situación nos próximos días.