Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cultura e a CRTVG presentan pezas audiovisuais sobre María Casares

Cultura e a CRTVG presentan pezas audiovisuais sobre María Casares

Forman parte das actividades coas que se conmemora este ano o centenario do seu nacemento na Coruña

G24.gal 29/06/2022 13:31

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director de Proxección Social da CRTVG, Xaime Arias, presentaron este mércores as pezas audiovisuais sobre a actriz María Casares.

Trátase dun proxecto que forma parte das actividades que se veñen celebrando todo o ano e que van ter o seu punto culminante o próximo 21 de novembro cando seu cumpren cen anos do seu nacemento na Coruña.

Na presentación desta mañá loouse a figura internacional de María Casares, polo que significou para as artes escénicas e tamén para o cine desde o seu exilio francés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade