Culturgal supera os 10.000 visitantes e inaugura un cambio de ciclo

G24.gal 04/12/2023 10:48

A Feira das Culturas Galegas Culturgal rexistrou máis de 10.000 visitantes durante os tres días de celebración.

Con estes datos, Culturgal recupera o descenso no número de visitantes do ano pasado, para alcanzar cifras que superan os datos de 2021.

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu esta fin de semana máis de 200 actividades, entre a programación xeral e a dos expositores, que conseguiron "captar o interese dun público variado que se repartiu entre as diferentes propostas de forma fluída", informou a feira nun comunicado.

Con iso, a feira logrou cambiar a dinámica dos últimos anos, tanto na súa filosofía como na súa relación co público, inaugurando unha era diferente para Culturgal, que "aspira a seguir expandíndose".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade