Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fai 13 anos do asasinato dos nenos Ruth e José a mans do seu pai

Fai 13 anos do asasinato dos nenos Ruth e José a mans do seu pai

Foi un dos parricidios máis terribles da historia deste país. José Bretón drogou, matou e queimou os seus fillos para vingarse da súa nai, da que se estaba separando

Foi condenado por un xurado popular a 40 anos de cárcere

G24.gal 08/10/2024 13:36

O 8 de outubro de 2011 José Bretón denunciaba a desaparición dos seus fillos: Ruth, de 6 anos, e José, de 2. Pasaban eses días con el en Córdoba. Na denuncia aseguraba que perdera os pequenos nun parque, pero o certo é que acababa de matalos e queimalos.  

E nunha leira familiar das Quemadillas atopaban os restos sen vida dos pequenos. "Distinguíronse ósos e fragmentos óseos, así como restos dentais que son inequivocamente humanos", explicaba o doutor Perea, médico forense. 

Bretón, segundo recolle a sentenza, matou os seus fillos para vingarse da súa muller da que se estaba separando. "Non era capaz de pensar, só que non ía volver a ver os meus fillos", relataba no xuízo a nai dos nenos, Ruth Ortiz.

Nunca colaborou coa xustiza nin confesou o crime. "É incrible que a día de hoxe non saibamos onde están os meus fillos", dixo Bretón a última xornada do xuízo.

Un xurado popular considerouno culpable da morte e desaparición dos seus fillos e condenouno a 40 anos de prisión. Desde entón xa pasou por varias prisións e protagonizou varios intentos de suicidio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade