Unha historia de espionaxe: 80 anos da morte do actor Leslie Howard en Galicia
Unha historia de espionaxe: 80 anos da morte do actor Leslie Howard en Galicia
O avión en que ía o intérprete foi abatido preto de Cedeira por cazas alemás
Coñecémolo como Ashley en Foise co vento, pero, ademais de actor, Leslie Howard foi supostamente un espía británico que morreu preto da costa de Cedeira nun avión no que regresaba a Londres.
O aparello foi abatido por oito cazas alemáns como lembra unha placa, camiño de Santo Andrés de Teixido que hai anos lle dedicou a embaixada británica en Madrid. Outras fontes sitúan o ataque nas costas do País Vasco, pero as investigacións coinciden en que, moi posiblemente, Howard participaba nunha misión secreta e nese desprazamento viña de mediar perante o Goberno de Madrid para que se mantivese neutral na Segunda Guerra Mundial.
Din que mantivo unha relación sentimental coa actriz donostiarra Conchita Montenegro, a que empregou para contactar con Franco pola súa proximidade á Falanxe.
No momento da súa morte, Leslie Howard tiña cincuenta anos. O seu cadáver nunca foi recuperado despois dun suceso sobre o que, oitenta anos despois, hai moitos interrogantes sen resolver.