Cun 18 % de menores de 16 anos, o concello de Ames ten unha das poboacións máis novas de Galicia
Cun 18 % de menores de 16 anos, o concello de Ames ten unha das poboacións máis novas de Galicia
Parellas mozas con nenos pequenos prefiren a área metropolitana para vivir
Ernes, no concello lucense de Negueira de Muñiz, ten o quilómetro cadrado máis mozo de Galicia
A idade media dos 26 habitantes de Ernes é de 28 anos
Entre os 30 e 45 anos, esta é a media de idade en Ortoño, unha das parroquias do concello coruñés de Ames, considerada unha das áreas máis mozas de Galicia.
"É un concello cunha taxa demográfica de rapaces e rapazas moi alta"
Familias mozas con fillos pequenos que rachan as estatísticas doutros concellos nos que a poboación de máis de 65 anos é a maioritaria. De feito, o concello de Ames e o de Salceda de Caselas son os dous que teñen máis poboación por debaixo dos 16 anos que xubilados.
"Convivimos familias moi mozas e hai moitos nenos sempre polas rúas, saen a xogar"
Xuventude que busca nas áreas metropolitanas e no rural o acceso a unha vivenda sen renunciar á calidade de vida. Atopan prezos máis económicos en zonas ben comunicadas e con servizos.
Tranquilidade que se dá no considerado quilómetro cadrado coa poboación máis nova de toda Galicia. Está situado no lugar de Ernes, no concello lucense de Negueira de Muñiz.
A idade media dos seus 26 habitantes, segundo datos do Instituto Nacional de Estatistica, é de 28 anos moi por baixo dos 47 de promedio en Galicia.