Cun 18 % de menores de 16 anos, o concello de Ames ten unha das poboacións máis novas de Galicia
Cun 18 % de menores de 16 anos, o concello de Ames ten unha das poboacións máis novas de Galicia
Parellas mozas con nenos pequenos prefiren a área metropolitana para vivir
Entre os 30 e os 45 anos. Esta é a media de idade en Ortoño, unha das parroquias do concello coruñés de Ames, considerada unha das áreas máis mozas de Galicia.
"É un concello cunha taxa demográfica de rapaces e rapazas moi alta"
Familias mozas con fillos pequenos que rachan as estatísticas doutros concellos nos que a poboación de máis de 65 anos é a maioritaria. De feito, o concello de Ames e o de Salceda de Caselas son os dous que teñen máis poboación por debaixo dos 16 anos que xubilados.
"Convivimos familias moi mozas e hai moitos nenos sempre polas rúas, saen a xogar"
Xuventude que busca nas áreas metropolitanas e no rural o acceso a unha vivenda sen renunciar á calidade de vida. Atopan prezos máis económicos en zonas ben comunicadas e con servizos.
Razóns polas que os lugares residenciais da periferia, como O Pereiro de Aguiar en Ourense ou o barrio de Navia en Vigo, concentran maioritariamente poboación cuxa idade media está por baixo dos 35 anos.