Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cupeiro enche dúas veces a igrexa de San Francisco, en Viveiro

Cupeiro enche dúas veces a igrexa de San Francisco, en Viveiro

En maio estará de xira por Galicia presentando Loira, o seu cuarto disco, un traballo que conta "pequenas historias"

G24.gal 29/03/2025 21:43

Abraham Cupeiro, músico, luthier e compositor, ofreceu este sábado á tarde dous concertos na igrexa de San Francisco, en Viveiro, dentro da programación cultural Adral proposta pola Xunta de Confrarías da Semana Santa. O sarriao estivo acompañado por Sabela Caamaño no acordeón, Cibrán Seixo no violín, Antonio Romero no contrabaixo e na voz Davide Salvado.

Os músicos encheron a igrexa nos dous concertos que ofreceron e neles púidose escoitar a Cupeiro tocar instrumentos milenarios, algúns deles recuperados polo artista, un home que, entre os seus moitos traballos, tamén colaborou  coa composición da música da segunda entrega da película Gladiator.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade